Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Remata o primeiro ciclo de itinerarios formativos do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras do municipio de A Coruña

Fundación Mujeres, a través do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, financiado polo Concello de A Coruña, desenvolveu unha serie de talleres e espazos de participación dirixidos a mulleres que coidan ou coidaron de persoas con algún tipo de dependencia, no ámbito familiar.

O longo deste primeiro semestre do ano, levaronse a cabo 5 itinerarios formativos en diversos espazos da cidade como a Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero de Labañou, o Centro Cívico dos Mallos e o Centro de Saúde do Castrillón, grazas a unha colaboración co persoal do SERGAS. Contouse tamén co apoio de entidades que traballan a prol das persoas con diversidade funcional, como DOWN CORUÑA e ASPRONAGA.

As temáticas impartidas nos talleres partiron das necesidades das usuarias e foron adaptadas a cada grupo, estando relacionadas ca saúde e o desenvolvemento de hábitos para cultivala, partindo da premisa do autocoidado como pilar fundamental para coidar. Abordouse o fortalecemento da autoestima a través do autocoñecemento, a xestión da culpa e os conflitos, estratexias de regulación emocional, relaxación e alfabetización dixital, entre outras.

En canto aos espazos de participación, agradecer ao Museo de Bellas Artes, Aquarium Finisterrae, ASPACE, FEAFES, ACCEM, Stop Accidentes, Cruz Roja, Kiosko Alfonso, Fundación Barrié e a Fundación ABANCA a súa colaboración para o fomento da activación social e o empoderamento persoal das mulleres participantes.

A satisfacción e o agradecemento por parte das participantes quedou reflectido no seu compromiso ao longo do proceso, aportando valor a tódalas sesións cas súas experiencias e coñecementos, poñendo de manifesto a súa interese e o seu desexo de continuar con estas actividades que favorecen a súa saúde e benestar.

Pronto abriranse as inscricións para itinerarios do segundo semestre polo que, se estas a ler esta noticia e pode ser do teu interese, podes contactar con nós a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).  Esperámoste! 

Contenido relacionado