Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Comenza a primeira formación do 2026 dentro do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no Municipio de A Coruña

Dito programa está dirixido a mulleres coidadoras, excoidadoras e potenciais coidadoras non profesionais de persoas dependentes para fomentar a súa autonomía, o seu autocoidado e fortalecer lazos na súa comunidade.

A formación realizase desde o 26 de xaneiro hasta o 23 de febreiro cun total de 5 sesións das que están participando 14 mulleres. En cada sesión abordanse cuestións clave brindando ferramentas relevantes e útiles para o desenvolvemento do seu benestar e a mellora da súa calidade de vida.

As temáticas tratadas nos talleres parten das necesidades das propias usuarias, coma por exemplo:  a corresponsabilidade familiar, a xestión dos conflictos, a escoita activa, o acoso na rúa e a importancia de non deixar de lado o propio proxecto vital mentres se coida a un familiar dependente.

En relación a estes espazos agradecer ó Centro Cívico de Monelos pola cesión do espazo e ó Concello da Coruña pola súa financiación e colaboración no fortalecemento persoal das mulleres participantes mediante estas actividades.
Máis alá dos contidos, a formación convertese nun lugar onde compartir experiencias, sentirse comprendidas e acompañarse neste proceso persoal. O intercambio entre compañeiras e as ganas de aprender fan posible un ambiente de confianza e apoio mutuo, favorecendo a creación de comunidade e o fortalecemento de redes de apoio. Xerouse tamén un espazo de entendemento entre as participantes, no que cada vivencia sumou valor ao proceso colectivo, reforzando os vínculos e a sensación de pertenza.

Este programa busca impulsar o empoderamento das mulleres coidadoras e favorecer o exercicio dunha cidadanía activa, reforzando a súa participación social e o seu dereito a coidar e a coidarse.
Se estás interesada en participar e coñecer as actividades deste Servizo, podes contactar con nós no teléfono 981 29 40 97 ou no 657 61 32 15. Agardámoste!

Contenido relacionado