Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Por esta temporada remataron os talleres que imparte a Fundación Mujeres no marco do Saic Rural

Concluiron os obradoiros impartidos pola Fundación Mujeres que comezaron en marzo de maneira presencial no eixo do medio rural.

Grazas ao Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras, financiado pola Deputación de Coruña, Fundación Mujeres levou a cabo un ciclo de talleres semanais nos Concellos de Ponteceso, Irixoa e Bergondo, dirixidos a mulleres coidadoras, excoidadoras e potenciais coidadoras. Nestos talleres abordáronse temas como o fomento da autoestima positiva, a xestión do tempo, o uso do móvil, a relaxación, a corresponsabilidade familiar e a escoita activa entre outras temáticas.

Estos talleres que deron comezo en marzo e remataron a finais de xuño, permitiron que as mulleres coidadoras adquiriran certo grado de autonomía e así alcanzar a implicación do entorno nas labores de coidado fomentando o seu empoderamento persoal e a súa activación social.

Nestes talleres as mulleres mostraron o seu interese e agradecemento ante as temáticas impartidas a través da elevada participación e a solicitude da posta en marcha de novos talleres.

Desde Fundación Mujeres gustaríanos agradecer a colaboración dos Servizos Sociais do Concello de Ponteceso, Irixoa e Bergondo asi coma as mulleres participantes por facer posible a posta en marcha destas sesións.

Se estás interesada en coñecer todas as actividades deste Servizo contacta con nós no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006)

Contenido relacionado