Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Historias que saen do silencio: Visita a exposición «Emigrantas»

Fundación Mujeres realizou o pasado 28 de abril unha visita á exposición “Emigrantas:  emerxer do silencio”, ubicada no Kiosco Alfonso, unha mostra que busca rescatar o olvido da historias das mulleres galegas emigradas. Durante a visita guiada, as asistentes puideron coñecer de primeira man os contidos  da exposición, que cuestiona a visión tradicional de que as mulleres emigrantes foron figuras secundarias ou pasivas.

A través do percorrido expositivo e do posterior espazo de diálogo, afondouse nas diferentes dimensións da emigración feminina, dende as motivacións para marchar ata as condicións de vida e traballo nos países de destino (como a discriminación, a explotación laboral ou a separación familiar—) . Neste sentido, sublíñase que, a pesar de desenvolverse en diferentes países e épocas, a narrativa sobre as mulleres estivo historicamente máis silenciada e invisibilizada que a dos homes.

As asistentes puideron percorrer unha mostra que combina diferentes tipos de materiais —desde documentos históricos e fotografías ata instalacións artísticas, pezas audiovisuais, cartas, obxectos persoais e testemuños gravados— que axudan a reconstruír as múltiples formas de partir, traballar, crear, resistir e regresar das mulleres galegas emigrantes.

Na exposición permitiuse a interacción de diferentes experiencias vividas, o que enriqueceu o espazo e favoreceu o intercambio entre as participantes. Xerouse un entorno seguro, respectuoso e de confianza, que facilitou a expresión libre das vivencias persoais.
Esta actividade está enmarcada nos espazos de participación do «Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña» financiado polo Concello da Coruña.

Contenido relacionado