Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Fundación Mujeres organiza un obradoiro de meditación e relaxación para as mulleres coidadoras

O pasado mércores, 25 de febreiro, Fundación Mujeres organizou un espazo de participación  para favorecer o benestar emocional, a calma interior e o fortalecemento persoal das participantes.
A actividade desenvolveuse nun espazo de escoita e diálogo compartido, no que as participantes non só realizaron exercicios de respiración e relaxación , senón que tamén conversaron sobre as súas propias experiencias de vida, compartindo reflexións e vivencias.
Este intercambio favoreceu a creación dun espazo de confianza onde poder falar, sentirse escoitadas e acompañadas. O obradoiro foi guiado por unha coidadora que acompañou ás asistentes ao longo da sesión mediante un exercicio práctico de respiración, concibido como unha ferramenta útil para empregar en situacións de malestar ou ansiedade. A proposta, sinxela e accesible para todas, estivo orientada a promover a calma, a toma de conciencia corporal e a autorregulación emocional no día a día, reforzando así o benestar integral das participantes.
O Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no municipio da Coruña está financiado polo Concello de A Coruña, e agradecemos a colaboración de Mística Flora para a organización desta actividade.

Se estás interesada en participar e coñecer as actividades deste Servizo, podes contactar con nós no teléfono 981 29 40 97 ou no 657 61 32 15. Agardámoste!

Contenido relacionado