Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Empoderamento en Marcha: Fundación Mujeres e Aspronaga inician talleres transformadores

cuidadanas

Comezo dunha nova etapa de apoio para as coidadoras do Municipio de A Coruña, dende o Servizo de Apoyo Integral a Coidadoras, impulsado por Fundación Mujeres e financiado polo Concello da Coruña, damos comezo a una serie de talleres diseñados para mellorar a calidade de vida das coidadoras de familiares en situación de dependencia.

Os talleres abordarán unha variedade de temas fundamentais para o benestar das coidadoras, incluindo o fortalecemento da autoestima, o diseño dun rumbo persoal, técnicas de relaxación, exploración da cidade, así como a promoción de un entorno seguro contra o acoso en espazos públicos.

Os talleres realizaranse todos os venres dende o 12 de abril ata o 14 de xuño, de 10:30 a 12:30 na asociación Aspronaga. Esperamos que estos talleres proporcionen un valioso apoio e recursos para todas as coidadoras participantes!

Dende Fundación Mujeres queremos agradecer tanto a participación das propias coidadoras como a entidade ASPRONAGA pola colaboración e desevolvemento destas actividades.

Se estás interesada en estar informada sobre o nosos Servizos e as actividades que organizamos podes chamar ao 981 29 40 97 ou escribirnos ao e-mail saicgalicia@fundacionmujeres.es

Contenido relacionado