Entre os meses de abril e xullo, Fundación Mujeres desenvolveu no Concello de Betanzos unha serie de obradoiros centrados no empoderamento persoal e a activación social de mulleres coidadoras, ex coidadoras ou con posibilidade de asumir ese rol. Actividades como Relaxación, Xestión de Conflitos, Como Poñer Límites ou a Xestión da Culpa, entre outras, formaron parte dun completo itinerario que buscou mitigar os efectos negativos asociados ao coidado no ámbito familiar, ao tempo que se lles ofreceu un espazo seguro para compartir experiencias e construír redes de apoio mutuo.
Durante o desenvolvemento dos obradoiros e especialmente na súa clausura, puidemos comprobar, a través das propias participantes, que esta iniciativa tivo un impacto moi positivo. Moitas delas destacaron a importancia de contar cun lugar onde expresarse libremente, sen medo a ser xulgadas, algo que non sempre resulta posible no seu círculo máis próximo.
Desde Fundación Mujeres queremos agradecer ao persoal técnico do Concello a súa colaboración, interese e compromiso para manter vivo ano tras ano o SAIC Rural. Pola nosa parte, esperamos continuar co noso labor xunto ás usuarias deste Servizo, contribuíndo a mellorar o seu benestar e a súa calidade de vida. Igualmente, queremos recoñecer e agradecer a participación activa de cada unha das mulleres que formaron parte desta experiencia.
Este proxecto forma parte do Servizo Integral de Apoio a Coidadoras no Medio Rural, financiado pola Deputación da Coruña.
Se queres coñecer todas as actividades deste Servizo, podes contactar connosco no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).




