Se abre en una pestaña nueva
Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Rematan os talleres de Fundación Mujeres nos concellos rurais da provincia da Coruña

O Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras no Medio Rural, financiado pola Deputación da Coruña cunha subvención de 24.960,00 € e un coeficiente de financiamento do 0.80, desenvolveuse un ano máis co obxectivo de promover o empoderamento persoal e a activación social das mulleres coidadoras, excoidadoras e potenciais coidadoras nos municipios da provincia.

Ao longo deste ano 2025 foron atendidas 87 mulleres no punto de acollida e asesoramento, servizo que facilita un primeiro espazo de orientación individualizada sobre a súa situación, necesidades e prioridades. Así mesmo, 82 mulleres participaron na formación para o empoderamento persoal e a activación social, e 55 mulleres asistiron aos Espazos de Participación (ESPA), un recurso grupal deseñado para reforzar vínculos, fortalecer habilidades e fomentar o autocuidado desde dinámicas colaborativas.

Durante este ano estivemos presentes nos Concellos de Vimianzo, Betanzos, Cambre e Bergondo, así como nas parroquias de Lendo e Montemaior (A Laracha) e en Villestro (Santiago de Compostela), ampliando e facilitando a participación das mulleres residentes en contornos rurais .

Os obradoiros formativos impartidos semanalmente abordaron temáticas clave para o benestar das mulleres coidadoras, tales como o autocoidado, a xestión emocional, a xestión da culpa, a aprendizaxe de poñer límites ou relaxación, entre outras.

Dentro dos Espazos de Participación (ESPA) traballáronse dinámicas orientadas a reforzar o apoio mutuo, potenciar a rede social das mulleres e ofrecer un lugar seguro para compartir experiencias. Entre eles tivo lugar una sesión de Mindfulness para mellorar a concentración e reducir o estrés das coidadoras e a actividade “A arte do sentir. As cores do coidado”, no que se empregaron metodoloxías creativas para explorar e fomentar a expresión emocional favorecendo que as participantes identificaran recursos persoais para mellorar o seu benestar.

Desde Fundación Mujeres queremos agradecer a colaboración dos Servizos Sociais dos concellos participantes para levar a cabo a formación, así como a implicación de entidades coma ASPANAES que facilitaron a posta en marcha das actividades e a participación das mulleres da parroquia de Villestro.

O apoio destas entidades tanto públicas coma privadas resulta esencial para seguir fortalecendo un programa que busca recoñecer, acompañar e visibilizar o papel fundamental das mulleres coidadoras no medio rural.

Se estás interesada en participar e coñecer as actividades que se imparten dende Fundación Mujeres podes contactar con nós no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).

Contenido relacionado