Fundación Mujeres finaliza as actividades deste ano 2025 no marco do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no Municipio de A Coruña. Este proxecto, financiado polo Concello da Coruña, está dirixido ás mulleres coidadoras, excoidadoras e potenciais coidadoras non profesionais de persoas dependentes.
Este Servizo traballa con este colectivo para fomentar a súa participación en actividades que favorecen a súa autonomía, achegando ferramentas que poidan aplicar no seu día a día para minimizar os efectos derivados do coidado. Ao longo do 2025, proporcionouse información e/ou asesoramento a un total de 101 mulleres sobre aspectos relacionados co traballo do Servizo e aquelas cuestións que precisaran segundo as súas circunstancias.
En canto ás actividades formativas impartidas, participaron un total de 92 mulleres. Nestas sesións, proporcionáronse elementos e estratexias útiles para o desenvolvemento das súas competencias, con temáticas como as de mellora da autoestima, xestión emocional, como poñer límites, xestión de conflitos etc..
A participación activa nestes obradoiros foi fundamental para impulsar o empoderamento individual e colectivo das mulleres participantes, mellorar a súa calidade de vida e minimizar a sobrecarga asociada ao coidado, facilitando a adquisición de novas estratexias e recursos de afrontamento. A realización destes talleres e actividades foi posible grazas á cesión de espazos municipais como o Centro Cívico de Monelos e autonómicos como o Espazo Amizar. Así mesmo, estableceuse unha estreita colaboración con entidades privadas como ADACECO, AGAELA, ASPRONAGA, ECOS DO SUR, FEAFES e o Centro Residencial Sanitas para a difusión do programa e derivación de usuarias ao mesmo.
Realizáronse ademais ao longo do ano Espazos de Participación (ESPA) que contaron coa participación de 88 mulleres. Nestas actividades, establecéronse sinerxias con outras entidades no marco do proxecto, incentivando nas usuarias a participación nos recursos que nos ofrece a cidade como parte da súa activación social, e fomentando a adquisición de iniciativa na busca de espazos de desconexión e de recreación persoal.
Os ESPA levados a cabo este ano incluíron diversas actividades en colaboración con entidades culturais, artísticas e do terceiro sector. Entre elas, destacou a actividade «No me llames loca, llámame reina», desenvolvida na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña para visibilizar ás mulleres silenciadas ao longo da historia. Tamén realizáronse visitas guiadas a museos, como a do Museo de Belas Artes A Coruña para ver a exposición A barca de Caronte, e a da Fundación ABANCA para coñecer a exposición Compromiso coa arte. Ademais, ofrecéronse sesións específicas como as de Arteterapia » O arte de sentir: As cores do coidado», para que as mulleres participantes puidesen explorar a súa propia expresividade e experimentar con novos recursos creativos.
Agradecemos o apoio e a financiación do Concello da Coruña para a realización deste proxecto. Se estás interesada en participar e coñecer as actividades deste Servizo, podes contactar con nós no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).




