Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Fundación Mujeres e Cruz Roja colaboran para falar de soidade non desexada

As mulleres usuarias do “Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio de A Coruña” acudiron ás instalacións de Cruz Roja para a impartición dun novo espazo de participación. Nesta actividade, falouse en concreto da soidade non desexada no marco do “Proxecto CRECE”, desenvolvido por esta entidade, que ten como obxectivo contribuír ao cambio dos modelos de cuidados para previr a institucionalización e potenciar a desinstitucionalización das persoas con dificultades sociais.

Foi unha charla moi completa onde puidemos ver diferentes datos estatísticos como o crecemento das noticias sobre a soidade non desexada, que rango de idade teñen as personas que máis a sofren, a razón pola que as persoas chegan a sentila, etc.

Tamén foron abordados temas como as consecuencias desta soidade, ideas para poder axudar as personas que sabemos que están a pasar por esta situación e como poder evitar que nós mesmas tamén acabemos en soidade non desexada.Ademais, puidéronse ver diferentes puntos de vista grazas a participación activa das usuarias de Fundación Mujeres a este Espa.

Finalmente deronse recursos para axudar ás persoas sufridoras desta soidade non desexada coma, por exemplo, escribir unha carta, unha frase, unha receita… o que cada unha prefirese para logo entregalo a unha persoa sufridora desta causa para poder alegrar un pouquiño máis o seu día e lembrarlles que non están soas.
Agradecer novamente a Cruz Roja pola cesión das súas instalacións para facer a actividade.

Esta actividade está financiada polo Concello da Coruña. Se estás interesada en estar informada sobre o noso Servizo e as actividades que organizamos podes chamar ao 981 29 40 97 ou escribirnos ao e-mail saicgalicia@fundaciónmujeres.es

Contenido relacionado