Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Finalizan os talleres coas mulleres coidadoras de Xanrozo e Culleredo no marco do Saic Rural

Os Concellos de Betanzos e Culleredo colaboraron con Fundación Mujeres para a impartición dun itinerario formativo co obxectivo de que as mulleres coidadoras podan facer que o seu entorno tome parte activa nas labores domésticas e de coidado para poder fortalecer a corresponsabilidade e rebaixar a sobrecarga que supón os coidados ademáis de fomentar o empoderamento persoal e a activación social deste colectivo. Este proxecto enmárcase no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no Medio Rural financiado pola Deputación da Coruña.

Os talleres foron realizados no local social en Xanrozo e no Pazo de Vilamelania en Culleredo dende abril ata xuño, contando coa participación de 15 e 10 mulleres respectivamente que son ou foron nalgún momento coidadoras de persoas en situación de dependencia.

Nestas sesións, tratáronse temas importantes como a dependencia emocional ou a saúde e o autocoidado e déronse ferramentas para axudar a fomentar a autoestima, aprender a poner límites e dicir “non”, a como xestionar os conflictos e tamén aprenderendéronse formas de xestión da culpa, así como lembrar o importante que é a comunicación e como poder mellorar as habilidades desta mesma.

Desde Fundación Mujeres gustaríanos agradecer tanto ao concello de Betanzos, como ao de Culleredo e mais ás mulleres participantes por facer posible a posta en marcha destas sesións.
Agradecer tamén a acollida que está tendo o Proxecto noutros municipios da provincia, coma o Concello de Touro, Vimianzo, Arzúa, Villestro e Sobrado, que se mostraron interesados en iniciar colaboracións con Fundación Mujeres para a posta en marcha de varios itinerarios formativos a partir de setembro.

Se estás interesada en coñecer todas as actividades deste Servizo contacta con nós no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006)

Contenido relacionado