Se abre en una pestaña nueva
Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Fundación Mujeres desenvolve novos itinerarios formativos para mulleres coidadoras en Ourense e Pontevedra

Fundación Mujeres está a desenvolver itinerarios formativos dirixidos a mulleres coidadoras, excoidadoras e potenciais coidadoras nas localidades de Ourense e Pontevedra, en colaboración coas entidades Down Ourense e Down Pontevedra.

Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer un espazo seguro, participativo e transformador no que as mulleres poidan reflexionar sobre a súa experiencia como coidadoras, fortalecer a súa autoestima, mellorar o seu benestar emocional e adquirir ferramentas para o empoderamento persoal e social, favorecendo así a mellora da súa calidade de vida.

Os obradoiros abordan contidos fundamentais como a xestión emocional, a resolución de conflitos, o autocoidado, a asertividade e a autovaloración persoal, sempre dende unha perspectiva feminista que recoñece e pon en valor o papel esencial das mulleres no sostemento dos coidados e da vida.

Destácase especialmente a importancia de frear e dedicarse tempo, aprendendo a escoitar o corpo e as emocións como acto de autocoidado e de resistencia fronte ao ritmo acelerado e ás esixencias constantes do coidado das demais persoas.

As sesións realízanse de xeito presencial nas sedes de Down Ourense e Down Pontevedra, cunha excelente acollida por parte das mulleres participantes, que atopan nestes encontros un espazo de apoio mutuo, aprendizaxe compartida e recoñecemento.

Este programa está enmarcado no Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras (SAIC), financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. A través deste servizo, Fundación Mujeres promove a creación de redes de acompañamento, fortalecemento persoal e activación social das mulleres coidadoras, contribuíndo a construír unha sociedade máis xusta e coidadora.

Dende Fundación Mujeres queremos agradecer a implicación das participantes e a colaboración das entidades Down Ourense e Down Pontevedra na posta en marcha destes itinerarios formativos.

As mulleres interesadas en coñecer máis sobre este ou outros programas poden contactar con Fundación Mujeres a través do teléfono 981 29 40 97 ou do correo electrónico saicgalicia@fundacionmujeres.es

Contenido relacionado