Se abre en una pestaña nueva
Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Fundación Mujeres pon en marcha novos obradoiros do Servizo Integral de Apoio a Coidadoras no Medio Rural en diferentes concellos da provincia da Coruña

Fundación Mujeres continúa coa implementación do Servizo Integral de Apoio a Coidadoras no Medio Rural, un programa financiado pola Deputación da Coruña que ten como obxectivo mellorar o benestar das mulleres que sosteñen os coidados no ámbito familiar e comunitario.

Durante este último cuadrimestre del año, el servizo desenvólvese en Villestro (parroquia de Santiago de Compostela), nas parroquias de Lendo e Montemaior (A Laracha) e no concello de Cambre.

Estos obradoiros ofrecen un espazo seguro e participativo no que, como mulleres coidadoras, poidan reflexionar sobre o seu rol, compartir experiencias, traballar na xestión emocional e fortalecer o seu autocoidado e autoestima, todo dende una perspectiva feminista que poña en valor o traballo dos coidados e promover que como participantes recoñezan e posicionen sobre as propias necesidades e dereitos no centro.

As sesións desenvólvense de xeito presencial e cun enfoque vivencial e práctico, favorecendo o intercambio de aprendizaxes e o apoio mutuo entre as mulleres participantes. Este espazo convértese así nun lugar de encontro e recoñecemento, no que as coidadoras poidan sentirse acompañadas e valoradas.

A través desta iniciativa, Fundación Mujeres continúa tecendo redes de apoio e fortalecendo persoal e comunitario, contribuindo a mellorar a calidade de vida das mulleres do medio rural que sustentan os coidados de maneira cotiá e imprescindible.

As mulleres interesadas ​​en participar poden poñerse en contacto con Fundación Mujeres a través do teléfono 981 29 40 97 ou do correo electrónico saicgalicia@fundacionmujeres.es 

Contenido relacionado