Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Finalizan os talleres formativos destinados a coidadoras no distrito de Labañou

Os talleres enmarcaronse dentro do “Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña” financiado polo Concello da Coruña.
O itinerario formativo comenzou o mércores 4 de outubro en colaboración coa Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero.

Nestas sesións, traballaronse cuestións coma a importancia do autocuidado, tanto en aspectos como poñer atención a unha alimentación saudable e equilibrada, a calidade e cantidade do sono, ata aspectos máis relacionados coa importancia de facer un exercicio de reflexión sobre o coñecemento que teñen de si mesmas e detectar as súas virtudes e debilidades para fortalecer de maneira efectiva a autoestima como ferramenta de xestión de relacións saúdables. Ademais do autocuidadado, as destinatarias aprenderon a desenvolver habilidades de comunicación fomentando a comunicación asertiva para a mellora das relacións familiares e sociais traballando tamén a importancia de poñer limites respecto ás tarefas do coidado, tempos e espazo propio.

Ao finalizar o itinerario formativo as mulleres coidadoras do ámbito familiar poideron adquirir diferentes ferramentas de xestión e abordaxe das diferentes situacións e relacións interpersoais , sempre dende un punto de vista reflexivo, crítico e de mellora, en aras de favorecer o seu empodemento e unha adecuada participación activa na sociedade, ocupando o espazo que merecen.

Dende Fundación Mujeres, queremos dar as grazas ao Concello da Coruña e a Asociación Veciñal pola cesión do espazo para a realización das actividades e, sobre todo, ás mulleres participantes.

Se estás interesada en participar nestas actividades, facilitamosche mais información chamando ao 981 29 40 97, ou escríbenos a saicgalicia@fundacionmujeres.es

¡Esperámoste!

Contenido relacionado