Se abre en una pestaña nueva
Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Finaliza o itinerario con As Berenguelas enmarcado no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no rural

Fundación Mujeres, a través do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no Medio Rural, financiado pola Deputación da Coruña, vén de rematar as actividades desenvolvidas ao longo das últimas semanas na asociación As Berenguelas, unha organización de mulleres do ámbito rural de Culleredo (A Coruña), co obxectivo de crear un espazo de encontro, aprendizaxe e crecemento persoal.

As sesións abordaron diferentes temáticas, adaptadas ás necesidades e intereses das participantes. Entre os contidos traballados atopáronse o mindfulness e a atención plena, o establecemento de límites persoais e a posta en marcha do propio proxecto vital. Cómpre salientar a gran participación e implicación das mulleres ao longo dos obradoiros, que destacaron pola súa actitude activa, iniciativa e capacidade para compartir experiencias, reflexións e coñecementos. Foi especialmente enriquecedor contar cun grupo de mulleres moi participativas, conscientes das súas necesidades e capacidades e con ganas de seguir medrando, tanto a nivel individual como colectivo.

A través de dinámicas participativas e espazos de reflexión compartida, as participantes tiveron a oportunidade de adquirir novas ferramentas, intercambiar experiencias e profundar en aspectos relacionados co seu benestar, o autocoñecemento e o desenvolvemento persoal.

Esta iniciativa busca favorecer o empoderamento das mulleres do rural, promovendo espazos nos que compartir, aprender e fortalecer as súas capacidades para avanzar cara a unha vida máis consciente e acorde cos seus propios obxectivos e desexos.

 

Contenido relacionado