Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Cuidadanas realiza talleres formativos destinados ás mulleres coidadoras no ámbito rural

A través do proxecto Cuidadanas estanse a realizar talleres para mellorar o autocoidado e o empoderamento das mulleres coidadoras no ámbito familiar no Concello de A Laracha. Dende Fundación Mujeres, dentro do marco do Servicio de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no Medio Rural, cofinanciado pola Deputación da Coruña, leváronse a cabo diversos talleres entre os que se encontran “Hábitos saúdables”, traballando a saúde e o autocuidado, e “As cousas do querer”, onde se prestou atención á xestión da dependencia emocional a través da mellora das relacións  interpersonais desarrollando ferramentas relacionais como o fortalecemento da autoestima e aprender a poñer límites.

Os talleres comenzaron a impartirse o pasado 18 de setembro no Centro Social de Vilaño en A Laracha de maneira presencial cunha duración de dúas horas á semana. Os obxetivos principais dos mesmos, son fomentar o empoderamento e a activación social das cuidadadoras de personas dependentes no ámbito familiar, a través do fortalecemento de habilidades persoais e sociais.

Durante o desarrollo dos talleres formativos, traballáronse de forma grupal e dinámica e dende diferentes prismas, estratexias de afrontamento  de situacións como o abordaxe dos conflitos dende a asertividade, a necesidade de detectar as necesidades propias e de poñer límites de forma saúdable, reflexionar acerca dos roles que se atribúen ás mulleres, como unha obriga imposta educacional e social, sempre desde unha visión crítica e respetuosa encamiñada a unha mellora da vida das coidadoras.

Ó remate do taller de dependencia emocional as participantes quixeron agradecer ás formadoras a impartición dos talleres formativos, indicando que xa notaban un certo nivel de empoderamento, sendo capaces de poñer límites nas relacións personais sen sentir culpabilidade.

Desde Fundación Mujeres, non podemos máis que agradecer a oportunidade de poder realizar estas actividades, facendo fincapé na importancia de crear espazos deste tipo no medio rural, onde a accesibilidade a este tipo de recursos, en ocasións, é mais difícil.

Esperamos que sigan disfrutando dos talleres que quedan por impartirse e desexamos poder repetir en vindeiras ocasións esta maravillosa experiencia.

Contenido relacionado