Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Un verán de exposicións no Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras da Coruña

Durante os meses de verán, Fundación Mujeres continúa promovendo espazos de participación e encontro dentro do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña, financiado polo Concello da Coruña.

Nesta ocasión, aproveitamos a programación cultural da cidade para achegarnos a diferentes exposicións, creando espazos nos que compartir, aprender e gozar xuntas fóra das actividades formativas habituais.

  • A primeira das visitas levounos á Casa Museo Casares Quiroga para coñecer a exposición “Ninguén falou delas: O Patronato de Protección á Muller e a súa Xunta Provincial da Coruña”, unha mostra que nos permitiu achegarnos a unha parte da nosa historia que durante demasiado tempo permaneceu silenciada, recuperando a memoria das mulleres que pasaron por esta institución e das realidades que non debemos esquecer.
  • Continuamos o noso percorrido cultural na Sede Afundación coa visita a “Antonio Mingote. La inteligencia del trazo”, unha exposición dedicada á obra do debuxante e humorista gráfico, cun percorrido pola súa particular mirada sobre a sociedade e a vida cotiá.
  • E aínda nos queda unha última cita para pechar este verán de exposicións: “Paolo Roversi. Doubts”, en MOP The Foundation, onde teremos a oportunidade de achegarnos á obra dun dos grandes referentes da fotografía contemporánea.

Estas actividades forman parte dos espazos de participación do servizo e buscan favorecer a activación social, o acceso á cultura e a creación de redes entre as mulleres participantes, ofrecendo tamén momentos para saír da rutina, compartir e dedicarse tempo a elas mesmas.

 

Porque o autocoidado tamén pode ser descubrir, compartir e gozar xuntas da cultura da nosa cidade.

¡Contamos contigo!

 

Para obter máis información sobre as actividades deste servizo, pódese contactar coa Fundación Mujeres no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006) ou no 657 61 32 15.

Contenido relacionado