Se abre en una pestaña nueva
Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Finalizan as actividades do primeiro semestre enmarcadas no Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no municipio de A Coruña

saic a coruña

Fundación Mujeres, a través do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña, financiado polo Concello de A Coruña, desenvolveu no primeiro semestre de ano numerosos talleres e espazos de participación dirixidos a mulleres que coidan ou coidaron de xeito non profesional no eido familiar a persoas con algún tipo de diversidade funcional.

Ó longo destes meses, leváronse a cabo 6 itinerarios entre os que destacan o do Centro Cívico de Monelos, Centro Cívico de Elviña, ademais dos realizados con entidades coma ACCEM, AGAFAN, e outras que traballan a prol das persoas con diversidade funcional, coma FEAFES.

Cabe destacar este ano tamén a labor das traballadoras sociais dos centros de saúde de Elviña, Adormideras, Monte Alto e Abente e Lago do Servicio Galego de Saúde na difusión do proxecto e na cesión do espazo para levar a cabo as formacións.

O total de beneficiarias formadas ata agora ascende a case 90 mulleres.

As temáticas abarcadas nos talleres partiron das necesidades das usuarias e foron adaptadas a cada grupo, estando relacionadas ca saúde integral e o desenvolvemento de hábitos para cultivala, partindo da premisa do autocoidado como pilar fundamental para coidar doutras persoas. Abordouse o fortalecemento da autoestima, a importancia da escoita activa, ferramentas para aprender a poñer límites e dicir que non sen sentirse culpables, a xestión dos conflitos, estratexias de regulación emocional e relaxación, entre outras.

En canto aos espazos de participación, agradecer ao Centro de Exposicións MOP, Art e Estudio, Mística Flora, Escola Galega de Saúde para a Cidadanía, Kiosko Alfonso e á Fundación Barrié a súa colaboración para o fomento da activación social e o empoderamento persoal das case 100 mulleres participantes a través destas actividades culturais e sanitarias totalmente gratuítas.

A satisfacción e o agradecemento por parte das participantes quedou reflectido no seu compromiso ao longo do proceso, aportando valor a tódalas sesións cas súas experiencias e coñecementos, poñendo de manifesto o seu interese e o seu desexo de continuar con estas actividades que favorecen a súa saúde e o seu benestar.

Se estás interesada en participar nos itinerarios do segundo semestre, podes contactar connosco a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).

¡Agardámoste!

Contenido relacionado