Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Remata o primeiro ciclo de itinerarios formativos do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras (SAIC) do municipio de A Coruña.

Fundación Mujeres, a través do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, financiado polo Concello de A Coruña, desenvolveu unha serie de talleres e espazos de participación dirixidos a mulleres que coidan, coidaron ou son potenciais coidadoras non profesionais de persoas con algún tipo de dependencia, é dicir, non remuneradas e no ámbito familiar.

Os itinerarios do primeiro semestre de ano comezaron en xaneiro e remataron en xuño, desenvolvéndose en diversos espazos da cidade como o CC Novoboandanza, CC Eirís ou o Espazo Amizar, entre outros. Contouse tamén co apoio de entidades que traballan a prol das persoas con diversidade funcional, como ADCOR e ASPRONAGA, e tamén de iniciativa social como Juan Soñador.

As temáticas impartidas nos talleres partiron das necesidades das usuarias e foron adaptadas a elas, polo que estiveron relacionadas ca saúde e o desenrolo de hábitos para cultivala, partindo da premisa do autocoidado como pilar fundamental para coidar. Abordouse a parentalidade positiva; o fortalecemento da autoestima a través do autocoñecemento e a xestión da culpa e os conflitos; estratexias de regulación emocional, relaxación e alfabetización dixital, entre outras.

En canto aos espazos de participación, agradecer ao Museo de Belas Artes, Fundación ABANCA, Fundación Barrié, Kiosco Alfonso e á Escola Galega de Saúde para a Cidadanía do SERGAS, a súa colaboración para o fomento da activación social e o empoderamento persoal das mulleres.

A satisfacción e o agradecemento por parte das participantes, moi comprometidas ao longo do proceso, aportando valor a tódalas sesións cas súas experiencias e coñecementos, poñen de manifesto a súa interese e o seu desexo de continuar con estas actividades que favorecen a súa saúde e benestar. 

Os itinerarios do segundo semestre xa están en marcha, polo que as interesadas poden poñerse en contacto con nós a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).
 

Contenido relacionado