Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Peche dos itinerarios do SAIC en Ferrol, Láncara, Ourense e Pontevedra

Fundación Mujeres pecha os itinerarios formativos desenvolvidos este ano en Ourense, Pontevedra, Ferrol e Láncara, en colaboración con Down Ourense, Down Pontevedra, AFAL Ferrol e a Residencia Serge A Veiga.

Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer un espazo seguro, participativo e transformador no que as mulleres poidan reflexionar sobre a súa experiencia como coidadoras, fortalecer a súa autoestima, mellorar o benestar emocional e adquirir ferramentas para o empoderamento persoal e social, favorecendo así a mellora da súa calidade de vida e o avance no seu proxecto vital.

Ao longo de 2025 atendéronse 45 mulleres, que desenvolveron os seus itinerarios de activación participando en diversas accións do servizo. Todas elas recibiron acompañamento individualizado, adaptado ás súas circunstancias e dificultades, para apoiarlas no cumprimento dos obxectivos recollidos nos seus Plans de Acción. Ademais, realizáronse 18 obradoiros formativos e 3 Espazos de Participación (ESPA).

Os contidos abordados incluíron a xestión emocional, a resolución de conflitos, o autocoidado, a asertividade, a xestión da culpa, a dependencia emocional e a importancia de marcar límites, sempre dende unha perspectiva feminista que recoñece e reivindica o papel das coidadoras no sostemento da vida. Fíxose especial fincapé na importancia de parar, escoitar o corpo e dedicarse tempo como acto fundamental de coidado propio.

As sesións presenciais tiveron unha excelente acollida, converténdose en espazos de apoio mutuo, aprendizaxe compartida e activación persoal e social.

Este programa enmárcase no Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras (SAIC), financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia. Desde Fundación Mujeres agradecemos fondamente a implicación das participantes e a colaboración das entidades asociadas.

Para máis información: 981 29 40 97 | saicgalicia@fundacionmujeres.es

Contenido relacionado