Fundación Mujeres continúa co Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no municipio da Coruña, un proxecto que permite mellorar a saúde e calidade de vida das mulleres que se adican ós coidados no ámbito familiar e as excoidadoras que siguen coas secuelas dos coidados. O que se pretende con este Servizo é fomentar a súa participación en actividades de autocoidado e de participación social e laboral.
Con este programa poñemos á súa disposición información e asesoramento individualizado, talleres e outras actividades grupais para que, entre outras cousas, reforcen as súas relacións sociais a través da interacción con outras mulleres que están en situacións similares.Este ano Fundación Mujeres desprazouse a ADCOR, organización sen ánimo de lucro adicada a mellorar as vidas das persoas adultas en situación de dependencia, para tratar temas como hábitos saudables, relaxación a través da respiración e talleres para adquirir destrezas no manexo de internet, adaptando os contidos as necesidades e intereses do grupo de coidadoras.
Un ano máis queremos agradecer a todo o persoal Técnico de ADCOR a súa colaboración e implicación co noso traballo asi coma facilitar o uso das súas instalacións.Se estás interesada en participar en actividades coma éstas, contacta con nós a través do número de teléfono 981 294 097