Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Finalizan os talleres coas mulleres coidadoras de Ortigueira

Fundación Mujeres, en colaboración do CIM do Concello de Ortigueira, impartiu un itinerario formativo  coa finalidade de que as mulleres coidadoras adquiran certo grado de autonomía e alcanzar a implicación do entorno nas labores de coidado fomentando o empoderamento persoal e a activación social das coidadoras. 

Os talleres formativos tiveron lugar no Centro Social de Ortigueira dende o 16 de abril ata o 21 de maio. Contamos coa participación dun total de 9 mulleres residentes de esta localidade e que son ou foron coidadoras de persoas dependentes. 

Durante as sesións se traballaron desde diferentes perspectivas estratexias para afrontar e resolver as emocións de forma saudable, os diferentes estilos de comunicación, así como ferramentas sobre como poñer límites e aprender a dicir que non. Nestes talleres as mulleres mostraron o seu interese e agradecemento ante as temáticas impartidas a través da participación e a solicitude da posta en marcha de novos talleres. 

Desde Fundación Mujeres gustaríanos agradecer tanto ao concello de Ortigueira coma as mulleres participantes por facer posible a posta en marcha destas sesións. 

Este proxecto enmárcase no Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade de da Xunta de Galicia. 

Se estás interesada en coñecer todas as actividades deste Servizo contacta con nós no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006) 

Contenido relacionado