Se abre en una pestaña nueva
Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Finalizan as actividades realizadas este ano no marco do Servizo de Apoio Integral a Coidadoras no medio Rural

Talleres coma o de Saúde e Autocoidado, Autoestima, Xestión Emocional, Rumbo a miña vida, Escoita Activa, Xestión do tempo persoal, Relaxación ou Corresponsabilidade marcaron o itinerario escollido este ano para paliar as consecuencias negativas derivadas do rol das coidadoras, aínda máis acentuadas pola pandemia.
Ao longo deste ano a intervención levouse a cabo en localidades coma Bergondo, Ordes, Melide, Cerceda, As Pontes, Pontedeume, Cabanas, Laracha, A Pobra do Caramiñal, Narón, Fene, Arteixo e Culleredo. En total 13 Concellos onde o traballo en grupo convérteuse nunha ferramenta fundamental para fomentar o intercambio de experiencias e o establecemento de redes de apoio mutuo e asemade, para ofrecer ás usuarias un espazo de ceibe participación onde abordar en profundidade as temáticas a tratar.

Ademais, como valor engadido e no marco do Programa Digitalizadas, este ano tamén incluímos no itinerario unha formación en competencias dixitais básicas a través do móbil para que as mulleres da contorna rural desenvolvan as súas competencias tecnolóxicas e así contribuír a reducir a fenda dixital de xénero.

Ao peche destes talleres comprobouse, tal e como as participantes manifestaron, que esta experiencia foi moi positiva xa que, segundo comentaron, aprenderon a escoitarse e buscar máis tempo para atender a súas necesidades, aprenderon a mimarse e sentirse mellor consigo mesmas e compartir as súas emocións, en definitiva, comezaron o seu propio autocoidado.

Dende a Fundación Mujeres queremos dar as grazas, a todo o Persoal Técnico dos distintos Concellos nomeados así como asociacións coma As Berenguelas e AFADIS, pola súa implicación e polo seu esforzo na búsqueda da adecuada realización destes talleres, coidando as medidas e protocolos de actuación requeridos pola Covid-19.

Pola nosa parte contamos poder continuar coa colaboración coas distintas entidades e Concellos de cara ao vindeiro ano poder seguir coa nosa intervención coas usuarias no marco deste Servizo. Deste xeito, pretendemos seguir ofrecendo ás mulleres coidadoras á oportunidade de compartir, vivir e sobre todo sentirse protagonistas do seu empoderamento persoal e activación social.

Contenido relacionado