Os obradoiros impartidos por Fundación Mujeres comezaron o 1 de marzo e estendéronse ata o 24 de maio, de xeito presencial cada mércores nas instalacións da Asociación de Familiares de Persoas Enfermas de Alzheimer e outras demencias en Pontevedra en horario de mañá.
Fundación Mujeres segue tecendo redes coas entidades do tecido sociosanitario de Galicia e xa é o segundo ano consecutivo que se levan a cabo obradoiros en colaboración con AFAPO para a mellora do empoderamento persoal e a activación persoal das coidadoras non profesionais de familiares con demencia.
Grazas ao Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras e financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, Fundación Mujeres impartiu un ciclo de 6 obradoiros dirixidos ás mulleres coidadoras nos que se abordaron a xestión do tempo, a construción dunha autoestima positiva, a dependencia emocional, a xestión de conflitos e o establecemento de límites nas relacións familiares, entre outros. As participantes foron 12 mulleres que mostraron unha gran acollida deste Servizo formando un ambiente de apoio mutuo entre elas e demandando organizar mais talleres tras o verán.
Dende Fundación Mujeres queremos agradecer tanto a participación das propias mulleres como o recibimento e apoio de AFAPO na difusión e organización dos obradoiros.
Se queres participar en actividades coma estas contacta con nós a través do teléfono 981 294 097 (ext. 6006/6001)