Os obradoiros impartidos pola Fundación Mujeres dentro do eixo do medio rural iniciáronse en marzo e dan remate a comezos de decembro, sendo impartidos de maneira semanal e presencial nos Concellos de Bergondo, Irixoa, Ponteceso, Villestro, Culleredo, Xanrozo, Arzúa e Vimianzo.
O Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras no Medio Rural está financiado pola Deputación da Coruña cunha subvención de 23.840,00€ e un coeficiente de financiamento do 0.80 para favorecer o empoderamento persoal e a activación social das mulleres coidadoras, sendo a Fundación Mujeres quen imparte os distintos talleres, tratando temas como a saúde e autocoidado, a relaxación mediante a respiración consciente, o fomento dunha autoestima positiva, a xestión emocional e cómo aprender a poner límites, entre outras temáticas.
O desenvolvemento destes talleres están permitindo que as mulleres coidadoras, excoidadoras e potencias coidadoras adquiran máis seguridade en sí mesmas e se sintan capaces de afrontar os coidados con máis recursos e ferramentas, fomentando diste xeito a súa autonomía e o seu empoderamento persoal e a súa activación social.
Queremos agradecer dende Fundación Mujeres a colaboración dos Servizos Sociais dos Concellos nomeados, así como a implicación do CIM de Arzúa e Asociacións como ASPANAES por facilitar a posta en marcha destes obradoiros así como a xuntanza das mulleres participantes.
Se estás interesada en participar e coñecer as actividades que se imparten dende Fundación Mujeres podes contactar con nós no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006)




