Fundación Mujeres, a través do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, financiado polo Concello de A Coruña, desenvolveu no primeiro semestre de ano numerosos talleres e espazos de participación dirixidos a mulleres que coidan ou coidaron de xeito non profesional no eido familiar a persoas con algún tipo de diversidade funcional.
Ó longo destes meses, leváronse a cabo 6 itinerarios entre os que destacan o de Sanitas Residencial e o Centro Cívico de Monelos, ademais dos realizados con entidades que traballan a prol das persoas con diversidade funcional, como ASPRONAGA, AGAELA, ADACECO e FEAFES. O total de beneficiarias ata agora ascende a máis de 70 e preténdese chegar a 100, aproximadamente.
As temáticas abarcadas nos talleres partiron das necesidades das usuarias e foron adaptadas a cada grupo, estando relacionadas ca saúde integral e o desenvolvemento de hábitos para cultivala, partindo da premisa do autocoidado como pilar fundamental para coidar doutras persoas. Abordouse o fortalecemento da autoestima, a xestión da culpa e os conflitos, estratexias de regulación emocional e relaxación, entre outras. Neste sentido, cabe destacar a colaboración de SEDRA impartindo o seu programa “Encantada de coñecerme”, centrado na promoción da saúde sexual e a educación sexual integral desde unha perspectiva de xénero.
En canto aos espazos de participación, agradecer ao Centro de Exposicións MOP, á Fundación Luís Seoane, ACCEM, Kiosko Alfonso e á Fundación Barrié a súa colaboración para o fomento da activación social e o empoderamento persoal das case 50 mulleres participantes a través destas actividades culturais totalmente gratuítas.
A satisfacción e o agradecemento por parte das participantes quedou reflectido no seu compromiso ao longo do proceso, aportando valor a tódalas sesións cas súas experiencias e coñecementos, poñendo de manifesto o seu interese e o seu desexo de continuar con estas actividades que favorecen a súa saúde e o seu benestar.
Se estás interesada en participar nos itinerarios do segundo semestre, podes contactar connosco a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006). ¡Agardámoste!




