Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Comezan os talleres formativos do SAIC Rural en diferentes concellos da Provincia da Coruña

Un ano máis, Fundación Mujeres desprazarase para dar talleres formativos a mulleres coidadoras non profesionais do Medio Rural da provincia de A Coruña. Nesta ocasión dimos comezo en Concellos coma Betanzos e Cerceda.

Fundación Mujeres co apoio financeiro da Deputación da Coruña ofrece este Servizo de Apio Integral á coidadoras no medio rural, como un recurso de información, orientación e acompañamento ás mulleres para o seu empoderamento persoal e a súa activación social e laboral, logrando así, mellorar a súa saúde e calidade de vida e incluso retomando o seu proxecto vital.

Nesta nova edición do Servizo trataremos temas como o Autocoidado e Hábitos Saudables, Corresponsabilidade, Relaxación, Habilidades Sociais e Comunicativas, Xestión do tempo, Autoestima e Xestión das emocións, entre outros.

Ademais, contaremos cun taller de manexo e uso do móvil para brindar as mulleres coidadoras conceptos básicos e os primeiros pasos na Internet e Redes Sociais minimizando así a brecha dixital de xénero.

A importancia de todos estes obradoiros recae en que as usuarias melloren o seu autocoidado e autoestima, recuperen as súas metas de vida, xestionen positivamente as súas emocións e fomenten a corresponsabilidade das tarefas do fogar e dos coidados na súa contorna, conseguindo que estas accións empoderen e fortalezan a estas mulleres para afrontar con máis recursos o seu día a día.

Dende a Fundación Mujeres estamos moi agradecidas pola implicación e colaboración do persoal Técnico dos Concellos de Betanzos e Cerceda por facilitar enormemente a nosa labor.

Contenido relacionado