Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

ASPACE e Fundación Mujeres colaboran para levar a cabo un ESPA

As mulleres participantes do programa CUIDADANAS da Fundación Mujeres de A Coruña asistiron a un espazo de participación impartido polas usuarias e usuarios de ASPACE (Asociación de Parálise Cerebral). Esta actividade de sensibilización, titulada «Yo como tú»,tivo lugar o pasado 7 de marzo no Centro Ágora da Coruña.

Este encontro nace da imperiosa necesidade de fomentar a inclusión social das persoas con diversidade funcional, e especificamente compartir a realidade con Parálise Cerebral, que afecta a 1 de cada 500 persoas. Este espazo procuraba derribar as barreiras existentes, visibilizar os seus dereitos e fomentar o adecuado trato.

Dentro desta sesión puidemos distiguir varias partes: unha primeira na que se deron a coñecer as características da parálise cerebral e as súas consecuencias físicas; na seguinte, fíxose especial mención ás barreiras social que definen e agravan a diversidade funcional; posteriormente, explicaron o funcionamento da entidade ASPACE CORUÑA, mostrando os diferentes centros cos que contan, así como a súa multitude de servizos e actividades. Tamén presentaron instrumentos para facilitar determinadas accións, como as grúas, utensilios para a alimentación ou dispositivos de comunicación alternativos. Finalmente, expuxéronnos o decálogo de persoas con parálise cerebral no que están recollidos as súas reclamacións para ser consideradas cidadáns de plenos dereitos.

A charla facilitou a construción dun espazo seguro e participativo no que ambas partes intercambiaron as súas experiencias e pensamentos persoais. Sendo una vivencia enriquecedora e satisfactoria para todas.

Dende Fundación Mujeres queremos agradecer tanto a participación das propias mulleres, a colaboración de ASPACE así coma o compromiso das compañeiras en prácticas que colaboraron na organización e desenvolvemento da actividade.

Se estás interesada en estar informada sobre o noso Servizo e as actividades que organizamos podes escribirnos ao e-mail saicgalicia@fundacionmujeres.es

Esta actividade está financiada polo Concello da  Coruña.

Contenido relacionado