Fundación Mujeres, co apoio financeiro da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% del IRPF, levou a cabo un ano máis o Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras un proxecto co que se pretende favorecer o exercicio dos dereitos das mulleres e dunha cidadanía activa, a través do seu empoderamento persoal e a súa activación social e laboral.
Este ano desenvolvimos a nosa intervención en tres localidades da comunidade autónoma de Galicia: Ferrol, Cuntis e Pontevedra, podendo así chegar e dar unha atención de calidade a mulleres coidadoras que están nunha situación de especial vulnerabilidade, froito das propias características e consecuencias que teñen os coidados.
Gustaríanos agradecer expresamente ás mulleres que participaron nos obradoiros, as cales manifestaron a súa satisfacción co Servizo mediante as enquisas de valoración. Nestas enquisas podemos ver que se conseguiron cumprir as expectativas e os obxectivos marcados para o desenvolvemento do programa, sendo alguna das valoracións recollidas as seguintes:
– “Mais meses dos cursos. Deberían durar dous días á semana”.
– “Me pareció muy interesante. Desearía que tengamos mas cursos como estos”.
– “Cogí mucha experiencia y mucha sabiduría. Aprendí muchas cosas. Pensé que era yo la que tenía estos problemas y encontré el apoyo del grupo”.
– “Sería de mucha utilidad y ayuda que tuviera mayor duración impartiéndolo a lo largo del año”.
– “Me encantó el curso y me ayudó a ser mejor persona”.
Cómpre salientar novamente o reclamo por parte das participantes da continuidade do Servizo, demandando unha maior duración do mesmo no tempo.
Por último, agradecer ao persoal técnico do Concello de Cuntis e tamén ao tecido asociativo que colaborou con Fundación Mujeres para a posta en marcha e o desenvolvemento dos itinerarios formativos, AFAL en Ferrol e AFAPO en Pontevedra, participando un elevado número de coidadoras familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias destas dúas últimas localidades.




