Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Outro peche exitoso do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras en A Coruña

Outro ano máis Fundación Mujeres finaliza as actividades no marco do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras no Municipio de A Coruña. Este proxecto está dirixido ás mulleres coidadoras, excoidadoras e potenciais coidadoras de persoas dependentes de maneira informal.

Este Servizo traballa coas mulleres coidadoras para fomentar a súa participación en actividades que favorecen a súa autonomía aportando ferramentas que poidan aplicar no seu día a día para minimizar os efectos derivados do coidado.

Este ano informamos a 149 mulleres do Servizo e outros recursos no punto de acollida e asesoramento ás cales tamén recibiron un acompañamento individualizado ao longo de todo o seu itinerario.

En canto aos talleres impartidos, foron formadas 123 mulleres para o seu empoderamento e activación proporcionándolles elementos e estratexias útiles para o desenvolvemento das súas competencias con temáticas como os hábitos saudables para mellorar a calidade de vida; relaxación con algunha sesión de “mindfullnes”; autoestima e o amor propio; xestión emocional, así como outras temáticas para reforzar a activación social, coma por exemplo enREDadas na cidade, para coñecer os servizos sociocomunitarios do entorno, ou como poñer límites entre outras temáticas.

As entidades coas que se colaborou este ano para difusión do programa e derivación de usuarias ao mesmo foron: Asociación Vecinal “Francisco Rodriguez Otero; Asociación Down Coruña, ASPRONAGA, ADACECO, DISMACOR, ASPANAES, ASPERGA, APEM e Sanitas Residencial.

Aos Espazos de Participación (ESPA) acudiron 81 mulleres para reforzar o seu proceso de empoderamento e activación a través destes espazos de encontro. Algúns dos ESPAS que se realizaron este ano foron: ; “Yo como tú” en colaboración coa Asociación de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE), para visibilizar a vida de mulleres e homes con parálise cerebral que tivo lugar o 7 de marzo; Conecta coa Vida que realizouse o 8 de abril  que tiña como temática á prevención de conductas suicidas en colaboración coa Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES); e a visita guiada a Casa Museo Casares Quiroga á exposición Mulleres Resistentes, que tivo lugar o Xoves 17 de outubro, por citar algúns exemplos.

Outras entidades coas que se colaborou para realizar os ESPAS foron Cruz Roja cun obradoiro sobre a Soidade non desexada; ACCEM no que se explicou o proxecto NOVICOM, programa destinado a fomentar o coñecemento, a sensibilización e a posta en marcha de acción de apoio social a víctimas de trata; Federación de Planificacióon Familiar SEDRA coa actividade “Encantada de coñecerme”, un obradoiro sobre sexualidade en mulleres adultas; e outras entidades de cáracter artístico culturais coma o Museo de Belas Artes da Coruña, a Fundación Barrié, Fundación ABANCA e o Kiosco Alfonso.

Agradecemos tamén a Concelleria de Servizos Sociais e a Concellería de Cultura do Concello da Coruña pola cesión de espazos para levar a cabo as actividades descritas, como os centros cívicos do Castrillón, Monelos, Fórum Metropolitano e o Centro Ágora.

Este proxecto levouse a cabo grazas a financiación do Concello da Coruña.

Se estás interesada en participar e coñecer as actividades deste Servizo podes contactar con nós no teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).

Contenido relacionado