Fundación Mujeres continua co Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, un proxecto que nos permite mellorar a súa saúde e calidade de vida, fomentando a súa participación en actividades de autocoidado e de participación social, así como o exercicio dunha cidadanía activa.
Con este programa poñemos á súa disposición información e asesoramento individualizado, talleres e outras actividades grupais para que, entre outras cousas, reforcen as súas relacións sociais a través da interacción con outras mulleres que están en situacións similares.
A formacións en materia de autocoidado, habilidades de comunicación, corresponsabilidade e xestión do tempo, entre otras, pretenden que as mulleres poidan exercer as labores de coidado dunha maneira máis saudable, mellorar a súa calidade de vida e que se minimicen os riscos de saúde que corren na actualidade, asociados a malas prácticas e hábitos prexudiciais en relación ás tarefas que desenvolven como coidadoras.
Desta forma fomentamos o seu empoderamento persoal durante toda a intervención. Se queres mais información non dudes en chamar ao 981 294 097 (ext. 6006).
Este proxecto está financiado polo Concello da Coruña.




