Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

NOTICIAS

Fundación Mujeres colabora un ano máis con FEAFES

Dende o mes de abril ata xuño, talleres coma o de Autoestima, Relaxación, Xestión Emocional, Enredando na cidade e Como poñer límites marcaron o itinerario escollido este ano dende FEAFES para fomentar o empoderamento persoal e a activación social das mulleres coidadoras, ex coidadoras ou potenciais coidadoras, reducindo así á súa vez as consecuencias negativas derivadas de exercer este rol no entorno familiar e ofrecéndolles un espazo onde fomentar o intercambio de experiencias e o establecemento de redes de apoio mutuo.

Tanto ao peche destes talleres como durante toda a intervención, comprobouse, tal e como as participantes manifestaron, que esta experiencia foi moi positiva xa que, segundo comentaron, é moi necesario ter un espazo onde poidan compartir as súas vivencias e expresarse libremente sen sentirse xulgadas, feito que na súa contorna máis próxima ás veces non é posible.

Asimesmo, durante as sesións formativas as mulleres participantes afirmaron que lles serviron para mellorar a súa autoconfianza, crecemento persoal sentíndose comprendidas e apoiadas entre as súas compañeiras nun ambiente de sororidade e gratitude.

Dende Fundación Mujeres queremos dar as grazas ao persoal técnico de FEAFES polo seu interese e implicación no programa e agardamos, pola nosa parte, poder continuar coa nosa intervención coas usuarias no marco deste Servizo para seguir mellorando o seu benestar e o seu empoderamento. Así mesmo, agradecer a cada unha das participantes o seu interese e poñer en valor o traballo que levamos a cabo.

Esta colaboración está enmarcada dentro do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras do municipio da Coruña, financiado polo Concello da Coruña.
Se estás interesada en coñecer tódalas actividades deste Servizo contacta connosco no teléfono 657 61 32 15.

Contenido relacionado