O pasado 26 de xullo a través do Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras, financiado polo Concello de A Coruña, e en colaboración co Grupo Naturalista Hábitat, levouse a cabo unha andaina ambiental pola contorna do ENIL Torre de Hércules.
Mulleres coidadoras, ex coidadoras e potenciais coidadoras reuníronse para gozar da natureza e aprender sobre biodiversidade. Finalizaron esta actividade mostrando un alto grao de satisfacción e con grandes expectativas por retomar o programa en setembro.
Os itinerarios do segundo semestre xa están en marcha, polo que as interesadas poden poñerse en contacto con nós a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).