Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

Itinerario de empoderamento para coidadoras en Infesta (Betanzos)

Dirixido a: Mulleres coidadoras, ex coidadoras e potenciais coidadoras, que estean en risco de desactivación ou inactivas en xeral que levan moito tempo apartadas do mercado laboral e da participación social pola súa dedicación á familia.

Prazas dispoñibles: 15

Contido: Abordaranse temáticas tanto para mellorar o teu empoderamento persoal como a túa activación social e/ou laboral, sempre adaptadas ás necesidades que vaian xurdindo no grupo.

  • “Quen coida de min”: Ten como obxectivo mellorar a calidade de vida e o benestar fomentando o autocoidado, os hábitos saudables e a autoestima das mulleres dende a óptica do empoderamento.
  • “Emocionarte”: Traballarase para desenvolver estratexias para expresar e xestionar as emocións de maneira saudable, encamiñadas a aumentar a autoestima e mellorar a comunicación das persoas coidadoras ca súa contorna.
  • Taller de prevención do acoso na rúa «StandUp», onde se aportarán ferramentas para responder sen perigo e con seguridade tanto se somos testigos como víctimas deste tipo de acoso.

¡Anímate a participar!

Se precisas máis información ou estás interesada en participar neste itinerario en Betanzos, podes contactar connosco a través do teléfono 981 29 40 97 (ext. 6006).

Esta actividade está cofinanciada pola Deputación de A Coruña e enmárcase no SAIC no medio rural 2026.

DATOS DEL EVENTO

FECHA Y HORA

Se celebra el: 13-02-2026

Hasta el: 27-03-2026

Comienza a las: 10:30

Hasta las: 13:00

Dónde se celebra

Lugar: Local Social de Infesta

Dirección: Cño. Real da Infesta, 44

Ciudad: Betanzos (A Coruña)

Inscripciones y más info

Inscripciones: del 02-02-2026 al 13-02-2026

Enlace de inscripción: Inscribirse